venres, 5 de xuño de 2015

FESTAS DE VILAGARCÍA

    Festa da auga   16 de agosto

 Festa da música
-Oríxenes: é unha festa popular e internacional. ''Iniciada en Francia en 1982 como ''Festa da Música'' e instituída coma celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Músca), cada solsticio de verán, o 21 de xuño, a Unión Europea celebra unha
xornada destinada a promover o intercambio cultural entre os pobos, a transferencia musical de uns  territorios a outros. Chega a Vilagarcía de Arousa da man Marosa Abalo que importa dende 
Francia esta iniciativa e xa va tomando forma coa estreita colaboración de Milagres Corvo e dos ex-membros de Airiños, da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira e do Excelentísimo Concello de Vilagarcía de Arousa.


A Festa da Música inicia a súa andadura coa chamada á participación a través da páxina de Facebook, sendo a súa primeira  
publicación o día 3 de abril do 2010.

Celébrase nesta localidade galega, e en cidades importantes de España. Ao longo do día e con preferencia, pola tarde-noite os músicos saen a tocar á rúa, a calquera lugar da cidade e ofrecen concertos gratuitos. Existe grande diversidade dos xéneros musicais e moita participación.


Festa da Ameixa do Carril



A festa da ameixa é unha festa gastronómica que se celebra desde 1992 no Carril (Vilagarcía de Arousa) na segunda quincena de agosto.
  Está organizada pola confraría de pescadores da parroquia para dar a coñecer a ameixa. Nos anos 2000 e 2001 non se celebrou pola falta deste molusco por mor das condicións climatolóxicas.
Nas últimas edicións servíronse unhas 5.000 racións (sobre 1.800 kg) de ameixa de tres especies: babosa (que é a autóctona), rubia e xaponesa, acompañada de viño albariño.






Ismael Felipe Mouriño
Enrique Eiras   1º A

Ningún comentario:

Publicar un comentario