luns, 15 de decembro de 2014

Biodiversidade do Carril: a ameixa

Biodiversidade do Carril: a ameixa by micaela

Petroglifos de Bamio

Petroglifos de Bamio by micaela

O Carril e a súa historia

O Carril e a súa historia by micaela

A Ría de Arousa. Biodiversidade



As augas de Carril, no concello de Vilagarcia, tínguense case todos os anos de microalgas que provocan a chamada marea vermella. Nalgunhas ocasións, de cor marrón isto acontece paralelamente á proliferación de fitoplacton portador de biotoxinas mariñas-e a esto se lle chama tamén``marea vermella´´,pero erróneamente. por esta causa, manteñense  pechados certos polígonos bateeiros, non so na Arousa, senón tamén en toda Galicia.
 As condiciones meteorológicas axudan ás veces a través de un mecanismo físico a que desapareza o fenómeno ou se atenue a cantidade de toxinas nas augas galegas.


Autora: Miriam Moreiras
1º A ESO

Toponimia do Salnés


A Toponimia do Salnés

 Velaí unha mostra da toponimia dalgúns lugares da nosa contorna:

Sanxenxo: de Sanctum Ginesium, que tamén da a forma galega San Xes, que en castelá é San Ginés.
Cambados: ven de “camb” que é un topónimo de orixe celta que significa curvas ou elevacións redondeadas.
O Grove: o topónimo “ove” ven de “bre” que se refire a un pobo fortificado en altura (un castro).
Vilanova de Arousa: Vilanova ven do substantivo “vila” e do adxectivo “nova” e Arousa ven do adxectivo areosa.
Isla de Arousa: Arousa ven do adxectivo areosa, referido a area.
Vilagarcía de Arousa: Vilagarcía recibe este nome porque alí se situaba a explotación agropecuaria de un home de apelido García, e Arousa ven do adxectivo areosa.
Ribadumia: Recibe ese nome debido ao río o atravesa, o Umia.

Wikipedia.es


Autor:
David García Ramallal 1º A ESO

venres, 5 de decembro de 2014







Galicia ten mil douscentos kilómetros de costa. Dous mares. Son elementos máis que suficientes para que haxa unha importante fauna mariña. Pero se, ademais engadimos unha paisaxe de antigos vales fluviais invadidos polo mar, convertidos agora en rías de condicións únicas, o resultado é a costa galega.
As rías debuxan unha paisaxe exclusiva, marcan o litoral como unha puntilla, pero ademais constitúen uns ecosistemas ideais para o crecemento de especies mariñas.
Por iso son utilizadas como auténticas hortas mariñas, onde se cultivan especies como o mexillón, la ostra ou as ameixas. Aínda o mexillón é aproveitado de case totalidade das bateas, xa que este é o mellor sistema dos coñecidos para a súa cría. As rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros-Noia e Ares-Betanzos son as cinco nas que ubícanse nos polígonos do mexillón. Entra todas suman máis de 100 kilómetros de lonxitude e unha superfície de casi 750 kilómetros, con o que a produción é case garantizada.
Só na ría de Arousa, a máis grande con 230 kilómetros de superfície, case un 70% de esta é dedicada ás bateas.
Istos cultivos supoñen o medio de vida para moitos homes e mulleres do mar, as máis de 3.000
batas que adornan as rías xeneran uns 11.500 postos d traballo directo e 7.000 indirectos. E é que o mexillón é un dos sectores estratéxicos para a economía galega, cunha facturación anual que móvese arredor duns 100 millóns de euros.
Estas bateas son un viveiro flotante rectangular, feito de madeira de eucalipto. Desta estructura colgan as cordas, cada batea pode levar hasta 500. Aínda que o cultivo deste molusco empeza pola obtención da semente das rochas entre os meses de outubro a abril conseguíronse as crías nas rochas.
Unha vez obtidas envólvense coa axuda dunha rede fía en poucos días a cría xa se fixa á corda e permanecerá uns seis meses ata que prodúcese o desdoble. É dicir, recolócanse os mexillóns xa crecidos en novas cordas para facilitar o seu crecemento, e se volve a colgar a corda da batea, ata que conséguese o tamaño desexado. En total uns dezaoito meses. Aínda que o tamaño comercial depende moito de seu destino, fresco o para conservas e empresas procesadoras.
Pero no pensen que este é un invento novo, porque foi xa no século XIX cando empezáronse a facer as primeiras experiencia do cultivo de Carril.
As probas continuaron durante as primeiras décadas do século XX. Ata que nos 40 anos o señor Ozores Saavedra decide intentar o cultivo de mexillóns suspendidos.



TRABALLO REALIZADO POR.:

Enrique Eiras Melón

Ismael Mouriño Barral

A ameixa de Carril




Ameixa de Carril:
A ameixa de carril é un molusco
lamelibranquio o bivalvo,da familia dos venéridos,palabra que nos leva a pensar en Venus, deusa romana do amor, que se representa nacendo da cuncha dunha vieira.
Como apuntamos a ameixa fina e a babosa son dúas especias moi apreciadas e cotizadas. A primeira que se nos pasa pola cabeza e a ameixa de carril, en la
alusión da localidade da ria de Arousa. Vive enterrada en fondos de todo tipo,crece lentamente e resiste moi ben a desecación e as variacións de salinidade da auga ,vamos, que viaxa ben. Pode alcalzar un tamaño considerable, ata sete centímetros; pra ser comercializada ha de medir polo menos , catro no seu eixe máis longo.

Autoras: Miriam Moreiras, 1º A de ESO

A RÍA DE AROUSA

Régana os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur.
A súa costa meridional empeza a desenvolverse a partir do estuario do río Ulla, entre Rianxo e Carril. Este fondo da ría ten un aspecto lacustre, debido á tranquilidade das augas, protexidas do mar aberto pola Illa de Arousa, e a suavidade do litoral. O centro desta zona é a vila populosa e industrial de Vilagarcía de Arousa. Un segundo sector estará formado pola costa que vai dende a punta das Inas, ata a Illa da Toxa. A histórica e monumental vila de Cambados é o principal punto de referencia, e os accidentes costeiros sobresalientes son o seno da desembocadura do Umia e a enseada do Grove, tamén de aspecto lacustre. A península do Grove ten a braveza do mar aberto que case non paran nin o vento nin o mar, que se fai notar na súa costa e praia.

Traballo realizado por:

 Natalia Lema Álvarez, Miriam Moreiras Guerra e Yaiza Arosa Doeste, 1º A de ESO