mércores, 26 de novembro de 2014

Editando textos propios sobre o CRUCEIRO DA IGREXA DO CARRIL

O alumnado de 1º ESO C foi redactando textos propios tras recoller e asimilar información.
O seguinte paso consiste en editalos co procesador de texto para incluílos despois nunha revistiña.
Pero como andamos a aprender aprendendo, velaí unhas mostras (ás que se lles borrou o nome de quen as escribíu) con cadansúa versión mellorada:

venres, 21 de novembro de 2014

O CRUCEIRO DO CARRIL





CRUCEIRO DE CARRIL
Que é un cruceiro?

Un cruceiro é un monumento relixioso formado por unha cruz de pedra e elevado sobre unha columna.
Levántase en camiños, ou cerca de iglesias e cementerios.
En Galicia hai cerca de 12.000 cruceiros.

A historia do cruceiro de Carril:

O cruceiro de Carril, que é unha peza realizada no século XVII, de estilo neoclásico, está constituído por un basamento, un fuste coas imaxes de Adán e Eva simbolizando a expulsión do Paraíso, coa serpe, e unha cruz na parte superior da construcción, que foi destrozada en maio do 2010  e segue sen ser restaurada na actualidade. Esta obra foi descrita por Castelao en As cruces de pedra na Galiza.
Encóntrase diante da igrexa de Santiago do Carril.


 
Traballo realizado por : 
 
DAVID GARCÍA RAMALLAL
PEDRO VILLANUEVA FERNÁNDEZ
ANTONIO VILLANUEVA FERNÁNDEZ
1º A de ESO



mércores, 19 de novembro de 2014

GUÍA DOS CRUCEIROS DA NOSA CONTORNA

Velaí esta guía dos cruceiros da ruta xacobea da Ría de Arousa da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.
Mirádea ben, porque nós imos facer unha pequena guía dos cruceiros da nosa contorna, é dicir, do concello de Vilagarcía, seguindo este modelo; en especial imos centrar o noso interese nos cruceiros do Carril, Trabanca, Guillán, Bamio, nos das illas e nos da desembocadura do Ulla tamén. 
Nalgúns casos, este libro da Ruta Xacobea vai facilitar o noso traballo, PERO NÓS IMOS REDACTAR OS NOSOS PROPIOS TEXTOS E FACER AS NOSAS PROPIAS FOTOGRAFÍAS: