venres, 24 de outubro de 2014

A igrexa da Xunqueira



 A igrexa de Nosa Señora da Xunqueira é unha das máis novas do concello de Vilagarcía de Arousa.
 O edificio lembra unha casa familiar, é está concebida como unha suma de locais. 

 O máis rechamante do interior é a pintura e representación que o artista Lugrís no presbiterio, onde se desenvolve un simbolismo da redención coa cruz no centro, de madeiras dunha batea, recollidas na beira do mar. Outro aspecto de eficacia funcional é a iluminación que ten tamén a súa simboloxía. O baptisterio atópase arredor dunha columna, que é á vez unha fonte decorada tamén por Lugrís, á que se entra por unha porta que dá acceso tamén á capela do Santísimo, da misa diaria e da reconciliación (porta para discapacitados). O sagrario está situado nun tronco de carballo, e a imaxe da Virxe María está colocada sobre un tronco. Esta imaxe é obra de Castor Lata e ten na súa man esquerda un ramo de xuncos, en referencia ao nome da parroquia, e á beira o neno Xesús, que porta un instrumento musical, unha pequena arpa; todo isto alude a unha comunidade que crece unida como os xuncos e que celebra a fe con aire festivo.

Este traballo foi elaborado por Pedro Torres Fernández e Daniela Torres Aguiño de 1º A de ESO.
 Bibliografía: Wikipedia e páxina web da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira.

Nova presentación do traballo ampliado

 <div data-configid="14097494/9988691" style="width: 525px; height: 679px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

xoves, 23 de outubro de 2014

BAMIO

Luis Diz Vilas, de 1º ESO C, realizou este traballo sobre Bamio no que combinou diversos contidos.


O formato de libriño faino parecer unha publicación seria, pero resultan máis importantes outros aspectos que deberemos ter en conta sempre:


  1. TÍTULO
  2. AUTORÍA
  3. ÍNDICE / ESTRUCTURA


- Datos Xerais………….…….…………………… 3
- Bamio……………………..……………………. 3
- Petroglifos do Salgueiral ( Os Ballotes)………. . 5
- A Toponimia…………………………............... . 6
- A Bilbliografía………………………………… . 7



  1. FONTES E BIBLIOGRAFÍA

mércores, 15 de outubro de 2014

O CRUCEIRO DA IGREXA DO CARRIL

Para comezar a aprender como abordar os nosos traballos manexando estratexias e ferramentas apropiadas, imos afrontar unha primeira tarefa:

Procurar información sobre o cruceiro da igrexa do Carril e redactar un texto estructurado:
  1. Que é un cruceiro e cal ven sendo a súa función?
  2. Onde está situado?
  3. Descrición da peza.
  4. Autoría e propiedade.
  5. Historia: 
  •  cando se esculpíu?
  • cando se emprazou aí?
  • onde está?
  • incidencias...


Cando atopamos información temos que asimilala e redactar ao noso xeito os datos que nos interesen desprezando os outros. É dicir, non copiamos e pegamos, senón que lemos, entendemos, escollemos e contamos.

Daquela, temos que edítar sempre o noso texto do mellor xeito posible e dun modo propio, sen copiar o formato doutras fontes; ademais, cómpre  completar datos IMPORTANTÍSIMOS:
1.     Quen é o seu autor ou autora

2.     Onde ou de quen se procurou esta información


  • Velaí unha primeira aportación feita por unha persoa de 1º ESO C:


1. QUE E UN CRUCEIRO E CAL VEN SENDO A SÚA FUNCIÓN?

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, nos lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc; lugares nos que as veces existían xa cultos pagáns a naturaza… Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen dende o século VII.

Pois si isto marcha ben, pero así tal como aparece o traballo non deixa de ser un texto anónimo.
O seguinte paso será redactalo de xeito propio e poñerlle o nome de quen o fai.
Tamén hai que indicar a fonte onde atopamos a información, neste caso é a Wikipedia.


  • Neste segundo traballo realizado por Noela García, Laura Aguilar, Noelia Calo e Mª Dolores Cores de 1º ESO C  xa se tiveron en consideración esas cuestións.

1- QUE É UN CRUCEIRO E CAL É A SÚA FUNCIÓN?
É unha cruz de pedra que se adoita situar nos cruces dos camiños e na contorna dalgunhas igrexas.


2- ONDE ESTÁ SITUADO?
Está situado diante da igrexa do Carril. 
 (Pero tal dato non é exacto como se pode comprobar na fotografía que elas mesmas inclúen no seu traballo. Por certo, ignórase a súa autoría)




3- DESCRIPCION DO CRUCEIRO.
É unha cruz de pedra que ten varias partes, sendo a principal e importante a cruz.
Abaixo de todo ten unhas escaleiras, normalmente ten 3 ou 4 chanzos, e nalgúns cruceiros hai unhas figuriñas. Por exemplo, o do Carril ten unhas figuras no tramo do centro do cruceiro.

 
A ilustración neste caso resulta de gran importancia por mostrar o estado actual do cruceiro ao que lle falta a parte de arriba. Sen embargo, ellas omiten esta realidade na súa descrición e tampouco se paran a dar detalles das figuriñas que citan.

Sobre a historia do cruceiro atopamos unha valiosa información recollida por Daniel Garrido neste enderezo electrónico

 http://www.patrimoniovilagarcia.com/notas-sobre-la-iglesia-parroquial-de-santiago-del-carril_ws94751.wsbl#!idb=20210963&idpnl=ad&idart=94751&pg2=0&anc=BlogDetail20210963

O framento que nos intresa é o  que aparece no documento que sigue aquí abaixo:


 

martes, 14 de outubro de 2014

GUILLÁN

Polo de agora, aínda estamos a facer traballos murais como este

Pouco a pouco, iremos aprendendo novas estratexias para procurar a información e a editala.