venres, 5 de xuño de 2015

A FESTA DA AUGA



FESTA DA AUGA

Logo de transladaren a figura de san Roque, patrón dacidade, da igrexa parroquial de Santa Eulalia de Arealonga ata a capela de San Roque, os romeiros piden auga aos veciños para refrescárense. Tamén os bombeiros adoitan participar botando auga coas mangueiras, agás no 2006, a causa da grande vaga de incendios forestais. A noite anterior é coñecida como a véspera da Festa da Auga, habendo tamén grandes festexos.
É unha festa polémica a causa do despilfarro da auga, pero foi declarada de interese turístico, e cada ano gaña máis adeptos.

Natalia Lema Álvarez   1º ESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario