mércores, 18 de marzo de 2015

LENDA RECOLLIDA EN BAMIO



Esta historia ocorreu na casa da miña avoa en Vilar (Bamio): Ela era unha moza nova de máis ou menos de 20 anos. Unha mañá ía cun cubo de cinc a muxir as vacas, enchíao de leite e ía despois traballar. Outra muller duns  40 anos coaba o leite e metíao nunha xerra. Poñía o molido na cabeza e levaba así cargada a xerra chea. O leite era para vendelo no Carril. Así que aquel día chegou ao Carril, pousou a xerra no chan para repartilo polas casas coma sempre. Pero cando chegou a unha casa, comprobou alporizada que xa non había leite porque se convertira en sangue.

Judith Iglesias Barreiro, 1º ESO  C

Ningún comentario:

Publicar un comentario