mércores, 25 de febreiro de 2015

O LUGAR DO “25” EN TRABANCA SARDIÑEIRA



                                                            ONDE EU VIVO
 Diana Ojea Barreiro, 1º ESO C

Eu vivo no lugar do “25” en Trabanca Sardiñeira que pertence a parroquia de Santiago do Carril.
Chámase así porque o 25 de cada mes, antiguamente había unha das feiras máis importantes de Galicia, na cual vendíase de todo.


Santiago do Carril, popularmente coñecido cómo O Carril, é unha das máis famosas   parroquias do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.
Carril fundouse aproximadamente en 1500 como vila, en 1512 xa tiña porto. Carril foi un dos portos máis importantes de Galicia cara a 1750. Xa en 1814 foi autorizado para  embarque e desembarque dos buques que comerciaban con América. Era unha vila importante, tiña hospital e escola naútica.
Jerónimo do Hoyo en 1607 dixo: “Esta vila do Carril comenzouse a fundar hai pouco máis de cen anos. Fundáronna algúns veciños de Padrón que viñan pescar onde está fundada”.
No Carril vencellado a Santiago de Compostela, os burgueses de Santiago fixeron en  1801  unha aduana de segunda clase (e aínda hoxe una das súas rúas próximas ao porto recibe ese nome). Entre os anos 1840 e 1850 O Carril  tiña  unha  poboación  de  2170 habitantes aproximadamente, estes vivían nunhas 250 casas que habían na vila, na Illa  de Cortegada e en dous barrios máis pertences ao Carril.
O Carril  tivo  a  primeira  estación   do   tren   que   houbo   en   toda   Galicia, pero foi perdendo importancia, cando ampliaron o ferrocarril a Vilagarcía de Arousa. Outro motivo importante do seu declive foi a sustitución da vela polo vapor, con isto os barcos comezaron a levar máis carga, e  ante  estas grandes cargas o porto de Carril quedouse pequeno, e os compostelanos deixaron de darlle importancia, preferindo  cidades  máis  grandes:  A Coruña,  Ferrol  ou mesmo Vilagarcía de Arousa. En 1888 coa ampliación do porto de Vilagarcía traspasouse a Aduana e as casas Consignatarias. Os problemas que tiña Carril enchéronno  de  débedas e así O Carril e Vilaxoán anexionáronse a Vilagarcía.
Coa Carta Magna de 1812 aprobada polas cortes de Cádiz comezaron a existir  os  concellos       en España, co que se poñía fin ao antigo réximen:
- Hasta 1812 a xurisdición do Carril comprendía a Illa de Cortegada, O Carril centro e Carril de afóra.
- En 1813 e en 1814 Carril era dono das mesmas terras ca en 1812, e máis Bamio;  O Carril  era      un concello independente.

- En xullo de 1814 o rei Fernándo VII disolveu os concellos.
- Seis anos despois, en  1820  volveron  existir  os  concellos, e O Carril  contaba  cos  mesmos territorios que 1813. Esto durou só  tres  anos e daquela xa  non  existía  a  provincia  de    Santiago de Compostela, O Carril pertencía á provincia de Vigo.
- De 1823 a 1835 volveu o absolutismo.
- En 1835 coa raíña rexente María Cristina, volven os concellos de forma definitiva. O que hoxe é Vilagarcía  de  Arousa dividíase en tres municipios: Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa e O Carril. Rubiáns deixou de ser independiente. Ademais xa non pertencía a provincia de Vigo senón á actual provincia de Pontevedra.
No ano 1873 inaugúrase o tramo ferroviario entre O Carril e Cornes, en Santiago de Compostela, sendo o primeiro tramo dentro de Galicia e segundo de España.
- De 1836 a 1913 O Carril abranguía Cortegada, Bamio, e os dous núcleos actuais do Carril.
- En 1913 Santiago do Carril pasou a ser do municipio de Vilagarcía de Arousa, igual que Vilaxoán, e os  3 anteriores concellos sumaban entre si máis de  14000  habitantes. Dende entón ata a actualidade O Carril é unha localidade sen concello propio. O motivo da  anexión  destas  3 localidades estaban nos problemas que tiñan O Carril e Vilaxoán que co paso dos anos foron perdendo importancia.

O Carril é coñecido por ser unha das vilas marisqueiras máis importantes de Galicia, a maior parte da poboación vive do mar.

Ten como lugares de interese a Praia da Compostela, a igrexa co seu cruceiro, e sobre todo a Illa de Cortegada, da que o seu bosque atlántico de loureiro se considera o último de Europa, e que pertence xunto coas Illas Cíes, Sálvora e Ons ao Parque Nacional Das Illas Atlánticas de Galicia.
O Carril está ao norte da cidade de Vilagarcía de Arousa e limita con Bamio.
                                                                                                 

A información foi recollida da páxina a Wikipedia e dos meus pais, Mª Flor e Ángel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario