venres, 20 de febreiro de 2015

A INDUSTRIA CONSERVEIRA EN AROUSA

                  INDUSTRIAS CONSERVEIRAS



                                 INDUSTRIAS CONSERVEIRAS GODAY

Fábrica de salazones en vivendas de Xoán Goday:  Este complexo foi construído en 1843 e componse de dúas zonas principais: A zona de vivenda do dono, xardíns e a fábrica de Salazones. Esta última encóntrase anexa á vivenda onde ademais estaban as oficinas, dende as que o dono podía ver a produción da fábrica de Salazones. Nos restos da planta que aínda queda da fábrica pode observarse a división do espazo por tareas no proceso de Salazón, destacando as piletas.

Fábrica de conservas en chimenea:  Edificio de planta rectangular dividido en  tres naves mediante columnas de forxa labrada. O edificio con reminiscencias       modernistas foi construído en 1879. Posúe un tellado a dous augas. A distribución interior do edificio corresponde con unha optimización de traballo para a conserva de pescado. No lado dereito ao final da nave conta con unha chimenea construída en ladrillo, así como unha zona de almacén.

Muelle de pau: Muelle de madeira construído a principios do século XX para dar servizo exclusivo á fábrica de conservas de Goday. Nel descargaban o peixe que ía ser procesado na fábrica. Principalmente o facía botes de tipo de xeiteiga.

                                 
                                       APUNTES HISTÓRICOS  
 
A industria salazonera foi presente nas costas galgas desde a época dos romanos como sistema ara a conservación do pescado. No século XIX, coma debido ás prohibicións  en territorio catalán que chegan ás terras galegas fomentadores cataláns que implantan un sistema para salazon mais industrializado e menos coidadoso con a materia prima, pero beneficiado polo empleo dunha menor cantidade de man de obra, mediante o pensando da sardiña colocadas en tapas durante varias horas para extraer tanto as vísceras coma as graxas.


A mediados do século XVII chega a Galicia o fomentador catalán Manuel Goday e funda unha fábrica de salazon, Manuel Goday e compañía que instalouse na Ría de Arousa. Seu fillo, Xoán Goday e Gual, disolveu a sociedade co seu padre por conta propia una fábrica de salazones na Ría de Arousa en 1843. Tras un viaxe a Roma recala en Antes onde coñece o sistema para a conserva do peixe desenvolvido por Nicolás Appert. Ao regresar á Illa de Arousa xunto a fábrica de salazon en 1879, a primeira fábrica en terra galega para a produción industrial para a conserva do peixe. Para iso trae a expertos franceses “los messieurs”, que se encargan do montaxe e posta en marcha de fábrica. Xa en 1981, so dos anos despois de suposta marcha, é distinguido como provedor da Real Casa e invitado a participar na Exposición Universal de Pesca que celebraríase en Londres.

As décadas dos 60, 70 e 80 do século XIX supoñen avances no desenvolvemento da industria conserveira. Por un lado a produción de aceite mellora ofrecendo aceites mais refinados e de mellor calidade; por outro, en 1868 refórmase a lei arancelaria que reduce o arancel para a importación de oxalata. A iso únese a crisis sufrida polo sector conserveiro francés ao desaparecer as sardiñas das súas costas. Este feito favorece aos conserveiros galegos que ben asócianse con algúns franceses, o ben empezan a producir para eles con marcas francesas como es o caso de Goday.

As fábricas dedicavanse á salazón de peixe en conservas, principalmente sardiñas, aínda tamén trancho, bonito, castañetas, xurel, caballa, alcrique, boquerón, ameixa, berberrecho, mexillón, polbo, choco, calamar, navaxo, famburiña. Os pasos de elaboración, dependenetemente do peixe utilizado, eran: salazón, limpeza e destripado, emparrillado, cocción, empacado, aceitado, pechado de latas esterilación e almacén.


A principios do século XX, grazas á bonanza da actividade peixeira, as fábricas consolídanse en A Illa de Arousa pasando a contar con ata nove fábricas conserveiras.


Durante a primeira guerra mundial, a maior parte da súa produción dedícase a la exportación. Coa chegada da guerra civil a conserveira galega mantense xa que a súa produción empléase tanto para alimentar tanto ao fronte coma á retagarda. O diñeiro de ventas é regulado pola Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia. No obstante esta situación tamén cedía as súas desvantaxes xa que finalizar a guerra se ben o exército xa non necesitaba a produción, se a require a Comisaria do Abastecemento e Transporte, pero a pagaba a un prezo baixo. Ademais por parte do goberno gravouse a exportación e había carestía da fola de lata. Estas circunstancias provocan o pechamento de moitas fábricas. Esta crisis continua ata a década dos 60 na que arrancan a recuperación. É neste momento cando os industriais que resisten  empezan o proceso de modernización das fábricas.

A familia Goday continua coa propiedade da fábrica ata o cese da súa actividade en 1961.




FEITO POR:
Enrique  Eiras Melón
Ismael Mouriño Barral

    

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario