venres, 16 de xaneiro de 2015

O marisqueo como actividade esencial na comarca

                                        MARISQUEO
O marisqueo é unha actividade de recolección de moluscos bivalvos que se atopan formando
bancos naturais en toda a beiramar. O marisqueo defínese legalmente como unha "modalidade
específica de pesca, consistente na actividade dirixida á captura de mariscos".
                              MARISQUO ARTESANAL
A forma máis sinxela e artesanal de mariscar, é a que se centra en capturar moluscos na costa
areosa, e faise a pé, sen utilizar embarcación. As especies principais que capturan os mariscadores
a pé son a ameixa fina, a ameixa babosa e o berberecho.
O outro método tradicional de marisqueo é desde unha embarcación
                            MARISQUEO EN GALICIA
O mar é a segunda fonte de ingresos da nosa costa, despois do turismo, aínda que a maior parte do
turismo ven polos nosos alimentos coma as centolas, os percebes, os rodaballos e o polbos.
A importancia pesqueira e marisqueira de Galicia é un feito incuestionable que se evidencia nos
máis de 80 núcleos de poboación nos que estas actividades constitúen unha base relevante das súas
economías, do seu emprego ou das súas tradicións.
Sen menoscabo deste último aspecto, a cultura mariñeira, é o aspecto socio­económico das
primeiras fases de actividade destes subsectores, nos que a plataforma tenta ofrecer información de
interese e actualizada a través, entre outros, da dimensión da frota pesqueira e marisqueira
(Rexistro de buques pesqueiros de Galicia e permisos de marisqueo a pé), do grao de ocupación
que proporcionan (Ocupesca) e da comercialización en primeira venda nas lonxas e centros
autorizados dos produtos froito da súa actividade (Estatísticas). Pero non debemos esquecer que a
importancia destas actividades vai máis aló destas primeiras fases ao producir un efecto
multiplicador no tecido económico galego a través dun conxunto de empresas relacionadas directa
ou indirectamente coa comercialización, industria de transformación ou industrias auxiliares como
estaleiros, varadoiros, subministracións navais, transportistas, asesorías, seguros...
A pesca e o marisqueo nas súas diversas formas e modalidades (unhas cun marcado carácter
artesanal centrado na beiramar como a pesca de baixura e o marisqueo, e outras cunha orientación
máis industrial centrada en augas comunitarias ou de terceiros países como a pesca de altura ou de
grande altura), continúan sendo, unidos á industria de transformación e conservación, un dos
primeiros axentes da economía galega.

Traballo realizado por:

Tanya Barcala
Sabela Rocha
Moana Varela

Ningún comentario:

Publicar un comentario