venres, 5 de decembro de 2014

A RÍA DE AROUSA

Régana os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur.
A súa costa meridional empeza a desenvolverse a partir do estuario do río Ulla, entre Rianxo e Carril. Este fondo da ría ten un aspecto lacustre, debido á tranquilidade das augas, protexidas do mar aberto pola Illa de Arousa, e a suavidade do litoral. O centro desta zona é a vila populosa e industrial de Vilagarcía de Arousa. Un segundo sector estará formado pola costa que vai dende a punta das Inas, ata a Illa da Toxa. A histórica e monumental vila de Cambados é o principal punto de referencia, e os accidentes costeiros sobresalientes son o seno da desembocadura do Umia e a enseada do Grove, tamén de aspecto lacustre. A península do Grove ten a braveza do mar aberto que case non paran nin o vento nin o mar, que se fai notar na súa costa e praia.

Traballo realizado por:

 Natalia Lema Álvarez, Miriam Moreiras Guerra e Yaiza Arosa Doeste, 1º A de ESO

Ningún comentario:

Publicar un comentario