mércores, 15 de outubro de 2014

O CRUCEIRO DA IGREXA DO CARRIL

Para comezar a aprender como abordar os nosos traballos manexando estratexias e ferramentas apropiadas, imos afrontar unha primeira tarefa:

Procurar información sobre o cruceiro da igrexa do Carril e redactar un texto estructurado:
  1. Que é un cruceiro e cal ven sendo a súa función?
  2. Onde está situado?
  3. Descrición da peza.
  4. Autoría e propiedade.
  5. Historia: 
  •  cando se esculpíu?
  • cando se emprazou aí?
  • onde está?
  • incidencias...


Cando atopamos información temos que asimilala e redactar ao noso xeito os datos que nos interesen desprezando os outros. É dicir, non copiamos e pegamos, senón que lemos, entendemos, escollemos e contamos.

Daquela, temos que edítar sempre o noso texto do mellor xeito posible e dun modo propio, sen copiar o formato doutras fontes; ademais, cómpre  completar datos IMPORTANTÍSIMOS:
1.     Quen é o seu autor ou autora

2.     Onde ou de quen se procurou esta información


  • Velaí unha primeira aportación feita por unha persoa de 1º ESO C:


1. QUE E UN CRUCEIRO E CAL VEN SENDO A SÚA FUNCIÓN?

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, nos lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc; lugares nos que as veces existían xa cultos pagáns a naturaza… Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen dende o século VII.

Pois si isto marcha ben, pero así tal como aparece o traballo non deixa de ser un texto anónimo.
O seguinte paso será redactalo de xeito propio e poñerlle o nome de quen o fai.
Tamén hai que indicar a fonte onde atopamos a información, neste caso é a Wikipedia.


  • Neste segundo traballo realizado por Noela García, Laura Aguilar, Noelia Calo e Mª Dolores Cores de 1º ESO C  xa se tiveron en consideración esas cuestións.

1- QUE É UN CRUCEIRO E CAL É A SÚA FUNCIÓN?
É unha cruz de pedra que se adoita situar nos cruces dos camiños e na contorna dalgunhas igrexas.


2- ONDE ESTÁ SITUADO?
Está situado diante da igrexa do Carril. 
 (Pero tal dato non é exacto como se pode comprobar na fotografía que elas mesmas inclúen no seu traballo. Por certo, ignórase a súa autoría)




3- DESCRIPCION DO CRUCEIRO.
É unha cruz de pedra que ten varias partes, sendo a principal e importante a cruz.
Abaixo de todo ten unhas escaleiras, normalmente ten 3 ou 4 chanzos, e nalgúns cruceiros hai unhas figuriñas. Por exemplo, o do Carril ten unhas figuras no tramo do centro do cruceiro.

 
A ilustración neste caso resulta de gran importancia por mostrar o estado actual do cruceiro ao que lle falta a parte de arriba. Sen embargo, ellas omiten esta realidade na súa descrición e tampouco se paran a dar detalles das figuriñas que citan.

Sobre a historia do cruceiro atopamos unha valiosa información recollida por Daniel Garrido neste enderezo electrónico

 http://www.patrimoniovilagarcia.com/notas-sobre-la-iglesia-parroquial-de-santiago-del-carril_ws94751.wsbl#!idb=20210963&idpnl=ad&idart=94751&pg2=0&anc=BlogDetail20210963

O framento que nos intresa é o  que aparece no documento que sigue aquí abaixo:


 

10 comentarios:

  1. Judith Iglesias Barreiro
    Mercores,5 de novembro de 2014
    Este bolg é xenial

    ResponderEliminar
  2. Judith Iglesias Barreiro Mercores,5 de novembro de 2014
    Este bolg é xenial isto é peeerfecto

    ResponderEliminar
  3. Carolina Conde Correa mércores,5 de novembro de 2014

    Gustame moito este blog,ten moitas cousas das que podes aprender.

    ResponderEliminar
  4. Marta Prego Abalo. Mércores, 5 de novembro do 2014
    Moi bos traballos

    ResponderEliminar
  5. silvana angelica pereira leite mercores 5 de novembro de 2014

    gustame moitos os traballos son moi bonitos e moi orixinais

    ResponderEliminar
  6. Anonimo Mercores , 5 de novembro de 2014

    Este blog es muy efectivo con esta informacion podo ir hasta carril a ver el cruceiro

    ResponderEliminar
  7. JUDITH IGLESIAS BARREIRO 1 ESO-C mercores,5 de novembro de 2014
    A rehabilitación do cruceiro de Carril correrá a cargo da súa propietaria, a parroquia, que xa recibiu os restos danados durante un acto vandálico que se produciu hai catro anos.
    O Concello informou onte de que estas pezas están en posesión da igrexa dende o 22 de xullo, cando foron entregadas ao propio párroco.
    O cruceiro sufriu graves danos en maio de 2010 como consecuencia dos golpes que lle propiciou M.D.T. dende a balaustrada do adro da igrexa, utilizando para iso un puntal de obra. Os feitos foron vistos por veciños que deron o seu testemuño á Policía, que detivo o individuo poucos minutos despois de que se producisen os feitos.
    As dilixencias do caso correron A Cargo da Policía Nacional pero os anacos rotos do cruceiro foron recollidos pola Local, que os mantivo baixo custodia nas dependencias de Ravella ata a conclusión da causa xudicial.
    As pezas estiveron convenientemente protexidos e embalados en caixas de madeira. Mentres tanto, resolvíase a causa contra M.D.T. nos xulgados. Foi ao longo deste proceso cando se aclarou a propiedade da emblemática estrutura.
    E é que, sinalan fontes municipais, "en principio pensouse que ou cruceiro era un ben de titularidade municipal, pero froito dás dilixencias constatouse que a estrutura formaba parte do conxunto arquitectónico dá igresa de Carril e que, polo tanto, era propiedade dá parroquia".
    Por iso, os anacos rotos do cruceiro foron entregados ao máximo representante da parroquia, o cura de Carril. Será agora a propiedade a encargada de restaurar unha peza que é moi querida polos veciños do lugar, que en máis dunha ocasión reclamaron a súa reposición.
    Unha actuación que chegará tras unha rehabilitación cuxo proxecto debe ser aprobado por Patrimonio da Xunta de Galicia, ao estar o ben incluído no Catálogo do Concello.

    ResponderEliminar
  8. adrian abad martinez mercores, 5 de novembro de 2014

    Este blog esta moi ben tenbastante informacion me gusta moito

    ResponderEliminar
  9. MARTA PREGO ABALO 1 ESO-C Mércores,5 de novembro de 2014
    .Hai soamente uns días a prensa publicou a sentenza pola que se condena a un pobre insensato a unha sanción de 1.200 euros polo custo da restauración do Cruceiro máis unha multa de 540 euros pola súa incomprensible actitude de esnaquizar unha obra comprendida no patrimonio de Carril e moi querida polos seus fregueses. Non é de estrañar que romper adrede o devandito cruceiro espertou nos veciños de Carril a máis enérxica protesta e repulsa ao comprobar, dun día para outro, que un energúmeno rompera un dos valores dos que goza o seu pobo, pois trátase dunha das esculturas que gozan, en Galicia, dun cariño secular, non só polo que representan dentro da Relixión Cristiá, senón tamén polo labor que estes monumentos tiñan nos enterros dos seres queridos.O estrago do devandito Cruceiro acendeu tamén a indignación da Asociación pola Defensa do Patrimonio de Vilagarcía e esta, dende o primeiro momento que tivo noticia, tratara, por todos os medios ao seu alcance, conseguir que o xuízo se celebrase coa maior celeridade xa que se trataba dun asunto dunha sinxeleza enorme. Todos os trámites efectuados pola Asociación no Xulgado Num. 3 de Vilagarcía foron infrutuosos, mesmo se solicitou ao Sr. Alcalde tomase parte no asunto cousa que tamén resultou negativa. Non é de recibo que un caso de tal sinxeleza poida demorarse nada menos que catro anos pois, como digo, o caso non representaba problema ningún pero o dito de que "as cousas de pazo van devagar" pódese aplicar, lamentablemente pero sen miramentos, a un caso tan singular como este. A Asociación pola Defensa do Patrimonio de Vilagarcía e todo o pobo de Carril non pode ocultar, en modo ningún, a súa alegría ao ver este asunto resolto dunha vez e, agora, só queda proceder á restauración do Cruceiro para que, ao igual que antes, luza na proximidade da Igrexa Parroquial. Como Presidente en funcións da Asociación mencionada a miña máis sincera felicitación aos veciños de Carril e en particular ao seu Párroco e amigo D. José Antonio Mosquera Morales que verá cumprido o seu enorme desexo de ver novamente esplendoroso o cruceiro na súa Parroquia.O cruceiro sufriu graves danos en maio de 2010 como consecuencias dos golpes que lle asestou M.D.T. dende a balaustrada do atrio da igrexa utilizando un puntal de obra. Os feitos contaron con testemuñas que deron parte á Policía que detivo ao individuo poucos minutos despois de terse producido os feitos. As dilixencias correron a cargo da Policía Nacional, aínda que os cachos nos que rompeu a parte superior do cruceiro foro recollidos pola Policía Local que os mantivo baixo custodia ata a conclusión da causa xudicial nas dependencias de Ravella, convenientemente protexidos e embalados en caixas de madeira.

    ResponderEliminar
  10. yeray Gomez Caeiro

    Mercores 5 de NOVIEMBRE DE 2014


    Hace solamente unos días la prensa ha publicado la sentencia por la que se condena a un pobre insensato a una sanción de 1.200 euros por el coste de la restauración del Cruceiro más una multa de 540 euros por su incomprensible actitud de destrozar una obra comprendida en el patrimonio de Carril y muy querida por sus feligreses. No es de extrañar que el romper adrede dicho cruceiro ha despertado en los vecinos de Carril la más enérgica protesta y repulsa al comprobar, de un día para otro, que un energúmeno había roto uno de los valores de los que disfruta su pueblo, pues se trata de una de las esculturas que gozan, en Galicia, de un cariño secular, no solo por lo que representan dentro de la Religión Cristiana, sino también por el cometido que estos monumentos tenían en los entierros de los seres queridos.



    Hai soamente uns días a prensa publicou a sentenza pola que se condena a un pobre insensato a unha sanción de 1.200 euros polo custo da restauración do Cruceiro máis unha multa de 540 euros pola súa incomprensible actitude de esnaquizar unha obra comprendida no patrimonio de Carril e moi querida polos seus fregueses. Non é de estrañar que romper adrede o devandito cruceiro espertou nos veciños de Carril a máis enérxica protesta e repulsa ao comprobar, dun día para outro, que un energúmeno rompera un dos valores dos que goza o seu pobo, pois trátase dunha das esculturas que gozan, en Galicia, dun cariño secular, non só polo que representan dentro da Relixión Cristiá, senón tamén polo labor que estes monumentos tiñan nos enterros dos seres queridos.

    ResponderEliminar