venres, 24 de outubro de 2014

A igrexa da Xunqueira



 A igrexa de Nosa Señora da Xunqueira é unha das máis novas do concello de Vilagarcía de Arousa.
 O edificio lembra unha casa familiar, é está concebida como unha suma de locais. 

 O máis rechamante do interior é a pintura e representación que o artista Lugrís no presbiterio, onde se desenvolve un simbolismo da redención coa cruz no centro, de madeiras dunha batea, recollidas na beira do mar. Outro aspecto de eficacia funcional é a iluminación que ten tamén a súa simboloxía. O baptisterio atópase arredor dunha columna, que é á vez unha fonte decorada tamén por Lugrís, á que se entra por unha porta que dá acceso tamén á capela do Santísimo, da misa diaria e da reconciliación (porta para discapacitados). O sagrario está situado nun tronco de carballo, e a imaxe da Virxe María está colocada sobre un tronco. Esta imaxe é obra de Castor Lata e ten na súa man esquerda un ramo de xuncos, en referencia ao nome da parroquia, e á beira o neno Xesús, que porta un instrumento musical, unha pequena arpa; todo isto alude a unha comunidade que crece unida como os xuncos e que celebra a fe con aire festivo.

Este traballo foi elaborado por Pedro Torres Fernández e Daniela Torres Aguiño de 1º A de ESO.
 Bibliografía: Wikipedia e páxina web da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira.

Nova presentación do traballo ampliado

 <div data-configid="14097494/9988691" style="width: 525px; height: 679px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>

Ningún comentario:

Publicar un comentario