venres, 5 de xuño de 2015

FESTAS DE VILAGARCÍA

    Festa da auga   16 de agosto

 Festa da música
-Oríxenes: é unha festa popular e internacional. ''Iniciada en Francia en 1982 como ''Festa da Música'' e instituída coma celebración europea en 1985 (Ano Europeo da Músca), cada solsticio de verán, o 21 de xuño, a Unión Europea celebra unha
xornada destinada a promover o intercambio cultural entre os pobos, a transferencia musical de uns  territorios a outros. Chega a Vilagarcía de Arousa da man Marosa Abalo que importa dende 
Francia esta iniciativa e xa va tomando forma coa estreita colaboración de Milagres Corvo e dos ex-membros de Airiños, da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira e do Excelentísimo Concello de Vilagarcía de Arousa.


A Festa da Música inicia a súa andadura coa chamada á participación a través da páxina de Facebook, sendo a súa primeira  
publicación o día 3 de abril do 2010.

Celébrase nesta localidade galega, e en cidades importantes de España. Ao longo do día e con preferencia, pola tarde-noite os músicos saen a tocar á rúa, a calquera lugar da cidade e ofrecen concertos gratuitos. Existe grande diversidade dos xéneros musicais e moita participación.


Festa da Ameixa do Carril



A festa da ameixa é unha festa gastronómica que se celebra desde 1992 no Carril (Vilagarcía de Arousa) na segunda quincena de agosto.
  Está organizada pola confraría de pescadores da parroquia para dar a coñecer a ameixa. Nos anos 2000 e 2001 non se celebrou pola falta deste molusco por mor das condicións climatolóxicas.
Nas últimas edicións servíronse unhas 5.000 racións (sobre 1.800 kg) de ameixa de tres especies: babosa (que é a autóctona), rubia e xaponesa, acompañada de viño albariño.






Ismael Felipe Mouriño
Enrique Eiras   1º A

A FESTA DA AUGA



FESTA DA AUGA

Logo de transladaren a figura de san Roque, patrón dacidade, da igrexa parroquial de Santa Eulalia de Arealonga ata a capela de San Roque, os romeiros piden auga aos veciños para refrescárense. Tamén os bombeiros adoitan participar botando auga coas mangueiras, agás no 2006, a causa da grande vaga de incendios forestais. A noite anterior é coñecida como a véspera da Festa da Auga, habendo tamén grandes festexos.
É unha festa polémica a causa do despilfarro da auga, pero foi declarada de interese turístico, e cada ano gaña máis adeptos.

Natalia Lema Álvarez   1º ESO A

mércores, 13 de maio de 2015

O ENTERRO DO ARENQUE EN BAMIO



        
O ENTERRO DO ARENQUE EN BAMIO

Na pequena poboación de Bamio, faise desde hai oito anos, o enterro do arenque, aínda que xa celebrárase esta festa no pasado. O festexo comezou realizándose en A Carballeira e despois en O Espiño, mais, uns anos despois, quedou no olvido, hasta que unha organización de Bamio, co nome de Os Arenkes, quixo revivir a celebración.
Se elixiu un arenque para no utilizar unha sardiña, xa que ese animal o enterran en outros lugares, como Carril ou Vilaxoán.


                              Arenque galego
 
Antigamente  os señores que levaban o arenque ían de casa en casa ensinando o arenque a todo o mundo, e esa costume se está intentando recuperar para que os máis novos poidan ver como era o entroido antes en Bamio.

 
DAVID GARCÍA RAMALLAL
 
1ºESO A

mércores, 6 de maio de 2015

Guía toponímica da nosa contorna

Imos facer un listado alfabético cos topónimos da nosa contorna. Poderemos empezar consultando nestes enlaces:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Toponimia

http://arousamaps.blogspot.com.es/2014/10/bamio.html

http://arousamaps.blogspot.com.es/search/label/TOPONIMIA

http://www.edu.xunta.es/centros/iesagraraices/system/files/TOPONIMIA.pdf

http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=179&Itemid=620&lang=gl


 
YERAY GÓMEZ CAEIRO explica o significado destes topónimos

O CORGO (Bamio). Camiño estreito e profundo que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo. 
OUTEIRO (Bamio). Pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión.
O SALGUEIRAL (Bamio). Lugar poboado de salgueiros. O salgueiro é unha árbore da familia das salicáceas, de folla caduca, propia de lugares húmidos, da que existen numerosas especies, case todas de ramas longas e flexibles e de follas longas e estreitas.

venres, 17 de abril de 2015

Lenda de Arousa

       Lenda de Arousa



Contase  que cada  31 de outubro a alma de un mariñeiro percorre  a illa de Cortegada buscando almas de nenos intentando vengarse do que pasou un tal 30 de outubro de 1959 cando dúas nenas e dous nenos foron de excursión a Ría de Arousa para visitar a  illa de Cortegada.
Ao día seguinte de chegar a Ría, os nenos pedíronlle prestada unha barca a un mariñeiro que estaba no porto,dez minutos máis tarde  chegaron a Cortegada. Entón os nenos colleron as súas mochilas e as súas tendas de campaña e adentráronse na illa para buscar un lugar para acampar esa noite, unha hora mais tarde os nenos encontraron un lugar para acampar aunque era algo sinistro.
Despois de pasar unha tarde na praia de Cortegada os nenos volveron a onde tiñan acampado horas antes porque xa era de noite.
Daniel, Clara e Sara foron as súas tendas de campaña a durmir porque xa era moi tarde e tiñan sono, mentras Xesús quedouse sentado en fronte do lume un pouco máis, de pronto escoitouse un berro, Daniel, Clara e Xesús, sairon correndo das súas tendas de campaña e viron que a  chaqueta de Xesús estaba tirado no chan, pero el non estaba.
Os nenos colleron unha lanterna e foron a buscalo, eles tiñan  moito medo e non  sabían que facer.

Miriam Moreiras 1º A

Piragüismo. Entrevista a Paula Duro

                                          EMTREVISTA  A  PAULA  DURO  CASTRO  


                                                            PIRAGÜISMO


Nombre del clubde piragüismo:
CLUB NÁUTICO PONTECESURES (CNP).



Es un deporte de agua.Antes de empezar en el equipo de piraguismo tienes que hacer unas pruebas:

1º te tiran al río y tienes que soportar las corrientes y nadar contra ellas.

2º te ponen en un barco y tienes que mantenar el equilibrio.


Equipación:

Los de su club llevan camiseta térmica y unas mallas.
Para competir:

               -camiseta de manga corta con el escudo del club y shorts deportivos.


Tienes que pagar la equipación del club y aparte te tienes que comprar la equipación para entrenar.



COMPETICIONES
                    -Pueden ser:

                              -Amistosas:
                                                  se suele celebrar en Galicia, según en la categoría que estes pueden                                                             
                                                  ser de distintas distancias :

.                                                                                        -Infantil A:3 km
                                                                                        -Infantil B:1km
                            
                            -Competitivas:
                                                     -Gallegas:se suelen celebrar en el embalse de Verducido                      
                                                       (Pontevedra). Para la categoría de Paula, si son de pista  son
                                                       1000 metros, si son de circuito las distancias pueden ser de
                                                        2 km,3 km o 5 km.
                                                        
                                                       -Españolas:este año Paula tiene que ir para participar en las
                                                        competiciones tiene que ir a Trasona (Asturias) y a Zamora                                           
                                                       (Castilla y León).Este año  el campeonato español es en Sevilla.

Antonio Villanueva Fernández  1º A

mércores, 18 de marzo de 2015

LENDA RECOLLIDA EN BAMIO



Esta historia ocorreu na casa da miña avoa en Vilar (Bamio): Ela era unha moza nova de máis ou menos de 20 anos. Unha mañá ía cun cubo de cinc a muxir as vacas, enchíao de leite e ía despois traballar. Outra muller duns  40 anos coaba o leite e metíao nunha xerra. Poñía o molido na cabeza e levaba así cargada a xerra chea. O leite era para vendelo no Carril. Así que aquel día chegou ao Carril, pousou a xerra no chan para repartilo polas casas coma sempre. Pero cando chegou a unha casa, comprobou alporizada que xa non había leite porque se convertira en sangue.

Judith Iglesias Barreiro, 1º ESO  C