mércores, 18 de marzo de 2015

LENDAS DAS COVAS PREHISTÓRICAS DE PRODUCIÓN PROPIA



PERDIDOS NA COVA
A miña historia trata de tres rapaces que se chaman Pepe, Pepa e Pepo, tiñan os tres 18 anos e eran do Carril. Un día foron a unhas covas pero Pepe decatouse de que se perderan e estiveron unha hora dando voltas. Levaban 4 días perdidos, e seguiron intentando buscar a cova...
Despois duns días encontraron a cova andaron investigando os debuxos da prehistoria que había nos teitos e paredes da cova, fixeron unha fogueira e estiveron arredor dela.
Un días despois cando xa volveran á casa, contáronlles o que lles pasou e o que fixeran tanto a amigos como a familiares.

Yago Bouzas González, 1º ESO  C

LENDAS DA BRUXA DO CARRIL DE PRODUCIÓN PROPIA



A BRUXA DA RÚA ESTREITA
Esta escalofriante historia sucedeu no Carril, nunha rúa na que pasaban os borrachos todos os días Era unha bruxa maligna, pequena e mala coma ela soa. O que ocurría con este ser era que toda a xente que pasaba por alí eran borrachos que ían para a súa casa ás tres da madrugada. Entón a bruxa aproveitaba para cazalos e levalos á súa guarida preto de alí. Nesa cova comía os sesos das súas vítimas. Chegaron a desaparecer 15 persoas nunha semana.
Un día encontraron a guarida da bruxa e nun momento puxeron un espantallo na rúa e, pola noite cando ía cazar, ZAAAASSS!!!! Rapidamente a bruxa cazou o espantallo e levouno á súa cova onde o estaban esperando os habitantes. Pero a bruxa non se enterou de que andaban por alí e... dun golpe na cabeza… matárona.

Adrian Abad Martínez, 1º ESO  C

LENDAS DE PRODUCIÓN PROPIA. A PEDRA DO ENCANTO



Na versión do túnel que une o Monte Lobeira có petroglifo coñecido como A Pedra do Encanto, tamén se fala dun tesouro. Según un veciño de Bamio, unha lenda conta que debaixo da Pedra do Encanto está agochado un tesouro que fora deixado alí polos mouros, habitantes destes lugares, cando fuxiran do Santo Apóstol, e que tal tesouro é unha morea de ouro que non se pode coller porque o rodearan e cubriran de veleno (Bouza Brey, 1927a). Na época na que Bouza Brey visitou o lugar, algúns veciños do Vintecinco consideraban que os signos alí grabados contiñan as verbas "Ola de ouro, ola de prata, ola de veleno que mata", e tamén "Ouro, prata, veleno que mata". Outros veciños pensaban que eran sinais feitos cando a guerra, para amosarse o camiño uns a outros. As serpes frecuentemente son guardianas de tesouros. Conta unha lenda, que un señor de Bamio antes de marchar de viaxe, para gardar os tesouros, meteunos dentro dunha ola que puxo nun burato entre as pedras. Despois colocou…

 Anónimo, 1º ESO  C

LENDAS DE PRODUCIÓN PROPIA. SAN XOÁN DE BAMIO



Dise que o 24 de xuño, é dicir, a noite de San Xoán, todas as meigas do mundo collen as súas vasoiras e van ao monte de Bamio. Adícanse a facer conxuros e a botar mal de ollo nunha pedra xigante e redonda. E por ese caso que nós nesa noite temos que saltar a fogueira, para que non nos afecten os seus conxuros e os seus mal de ollo.

Aitana Martínez Torrado, 1º ESO  C

LENDAS DO XIABRE DE PRODUCIÓN PROPIA



Nunha cova no bosque, preto pero non lonxe de Xiabre, din que alí vive algo que non ten nome, que non ten medo. A xente di que é unha serpe xigante, pero outros pensan que se trata dun monstruo sen ollos que se guiaba polo medo da xente. O monstruo so saía os días de Lúa nova e a xente que quedaba na rúa, esas pobres persoas, eran as súas vítimas, o seu alimento. Os pobos tiñan medo do monstruo polas noites, que xa as chamaran as noites vermella. Iso do  nome era polo sangue que aparecía no chan das rúa nos días seguintes, sen corpos, so sangue; o sangue da súa vítima. 0s cidadáns asustados xa non saían, e pronto o monstruo xa non tiña alimento. A xente estaba feliz, xa pensaban que o monstuo estaba morto, porque ninguén pode sobrevivivir sen comer tanto tempo. Pero pensaron mal, o monstruo era listo; e coa sua forza rompía portas, ventás e, nalgunhas ocasións entraba pola chiminea. Xa ninguén estaba a salvo do monstruo, o sangue derramábase outra vez.

Noela García Senra, 1º ESO  C

LENDAS DE PRODUCIÓN PROPIA. OUTRA DO CARRIL



Un día nunha casa no Carril, hai tempo, estaba un neno de 9 anos solo. Os seus pais non estaban, ían na tenda. O neno estaba vendo a televisión, e de pronto apagáronse as luces de toda a casa. O neno estaba asustado. Notou unha presenza, algo tocoulle a perna, quixo buscar o teléfono e chamar pero non había señal. Estaba moi asustado, non sabía que facer. El pensou por qué os seus pais tardaran tanto, pero non o sabía. De repente volveu notar algo, facíalle cóxegas. De golpe mirou para ver o que era, pero xa era moi tarde. Os seus pais seguían sen vir. Estaba nervioso. E se lle pasara algo aos seus pais? Escoitou un coche. Eran os seus pais! Por fin. El pensou que o can que tiña o levaran os seus pais, pero non, o can estaba con el na casa. As luces prendéronse de repente. Xa se lle pasara o susto pero estaba un pouco nervioso. Non pasaba nada, os seus pais xa chegaran!

Laura Aguilar Diz, 1º ESO C