mércores, 18 de marzo de 2015

LENDAS DE PRODUCIÓN PROPIA. A SEÑORA DO XARDÍN



Hai moito tempo, nunha casa vivían unha parella de matrimonio coas súas tres fillas: Victoria, Elisa e Lucía. Vivían cuns pais maravillosos, toda a tecnoloxía moderna... Pero todo cambiou cando se tiveron que mudar a outra casa grande, pero bastante vella na que non vivía ninguén. Cando chegou o día da mudanza, e entraron para ordenar e ocupar os cuartos de cada persoa, Lucía viu pola xanela unha señora no xardín que non coñecía. Baixou a mirar quen era pero non estaba. Cando se xirou para ir de volta á casa, apareceu a señora e díxolle que esa casa estaba maldita. Pola noite, mentras ceaban, apareceu outra vez a señora que vira Lucía no xardín e díxolle berrando que era unha bruxa mentireira e os seus pais mandárona ao seu cuarto. De repente as luces apagáronsse e a señora deixou inconsciente a toda a familia. Nese intre, adentráronse as fillas nun...

Anónimo, 1º ESO  C

LENDAS DE PRODUCIÓN PROPIA. HOME LOBO



El Hombre-lobo
Iba un amigo mío andando por el bosque con su hermano mayor, y escucharon un ruido como un aullido. Carlos (el hermano pequeño) se asustó y se escondió detrás de Juan (el hermano mayor) que le dijo que era un perro. Pero Carlos no se lo creía. Él creía que era un lobo, o peor, un hombre-lobo. Más tarde vieron una sombra de un humano con mucho pelo. En esta ocasión Juan también se asustó y le dijo a su hermano que se pusiera detrás. Él cogió un palo y dijo: “¿Quién anda ahí?” Se quedó esperando a que algo o alguien respondiera, pero nada, solo se escuchaba el búho y los grillos hasta que al ver una luz se escuchó un aullido. Y después otro y otro. Y de repente se vieron unos ojos rojos entre la sombra que eran su madre y su padre. Les estaban gastando una inocentada. Se fueron a casa.

Javier Padín, 1º ESO  C

LENDAS DE PRODUCIÓN PROPIA. OUTRA DE BAMIO



A historia da antiga casa do cura de Bamio.
 Na porta da casa vella do cura de Bamio, durante o ano 1947, sempre se escoitaban berros. Pero saía o párroco e non vía nada. Ata que un día deixou o can fóra e ladrou cando se achegou algo. O señor cura saíu e viu unha cousa rara. E colleu un sacho, foi ata alí e veu a cousa rara. Marchou esa cousa e ía algo polo aire. El sempre pensou que era unha pantasma. Todo o mundo se ría del. Así que se enfadou e foise.          

Yeray Gómez Caeiro e  Blas Baya  Gago, 1º ESO  C

LENDAS DO CARRIL DE PRODUCIÓN PROPIA



Isto pasoulle no mar do Carril ao meu tío Miguel Gago Otero. Ía co galeón hai dous anos, cando de pronto apareceu un tiburon con dentes enormes que medía uns 3,15 m. e pesaba unha tonelada mais ou menos. O meu tío colleu o barco e puxo rumbo a terra. Ese bicho era moito para o galeón pois calquera cousa que rompera ía valer moito e non lle viña moi ben á Asociación Rompetimons. Dende esa, xa non volveu a navegar so polos mares do Carril.



Blas Baya  Gago, 1º ESO  C

LENDAS DE BAMIO DE PRODUCIÓN PROPIA



                      Isto pasou no camposanto de Bamio, de noite:

          María Pepa Fernández, unha muller delgada, algo alta... sobre o metro setenta era moi escéptica, pero eso non lle impediu asustarse do que viu.
          Foi regarlle as flores da tumba do seu avó. Ao rematar viu unha sombra detrás dunha esquina, seguíuna, e acabou nun rincón. Deuse a volta e quedou paralizada cando viu unha alma dunha persoa con lume ao se redor. Dende entón, durme cunha veliña.

Luis Diz Vilas, 1º  ESO  C