venres, 6 de febreiro de 2015
Sobre a historia de Cortegada
A illa de Cortegada está situada na ría de Arousa preto do estuario do río Ulla , fronte ás costas do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. É a meirande illa do arquipélago de Cortegada, que contén ademais as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas.
Únese á terra na baixamar polos viveiros. Ten unha extensión de 5 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.
HISTORIA
Na Idade Media foi un lugar relacionado coas peregrinacións a Compostela que viñan polo mar. Na illa construíuse unha torre de defensa ante as invasións dos normandos e musulmáns. En 1334 construíuse a ermida da Virxe dos Miragres, reconstruída en 1652 a carón do peirao, na que se celebraba unha romaría. Ao seu carón existía un lazareto para os mariñeiros que chegaban ao porto do Carril. Xunto dela existe un cruceiro. Hai outro cruceiro ao nordeste da illa, na punta Corveiro.
A comezos do século XX había na illa unha poboación estable dunhas 70 persoas, na beira surleste, a máis abrigada. En 1907 unha comisión de nobres e industriais procurou mercar a illa para lla regalar ao rei Afonso XIII de España, coa idea de que construíse nela unha residencia estival. O 16 de xullo de 1910 rematou o proceso de compras e expropiacións dos terreos, e o 16 de xullo dese ano firmouse a escritura de cesión da illa á casa Real. Por entón xa estaba a construírse o palacio da Magdalena en Santander, polo que a illa quedou como coto de caza. O rei foi visitala nunha ocasión.
Coa chegada da Segunda República Española a illa foi expropiada polo estado, construíndose un cuartel de carabineiros. En 1953 foi devolta a Juan de Borbón y Battenberg, que encargou a plantación forestal de eucaliptos e piñeiros. En 1978 vendeulle a illa a unha inmobiliaria, que tiña a idea de urbanizala e construír un campo de golf. Mais logrouse paralizar o proxecto, e o 13 de xuño do 2002 foi incluída no parque nacional das Illas Atlánticas para a conservación dos seus valores naturais.
O 30 de agosto de 2007, cando foi expropiada pola Xunta de Galicia tralo pago dun xustiprezo de 1,8 millóns de euros, a illa volveu ser de dominio público.
Miriam Moreiras, 1º A de ESO
luns, 2 de febreiro de 2015
venres, 30 de xaneiro de 2015
O río Ulla
- O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica. Ten as súas fontes na comarca lucense da Ulloa, sendo o seu berce varios regatos que se localizan na parroquia de Olveda, no concello de Antas de Ulla. Este lugar está na comarca da Ulloa, á cal precisamente o río dálle nome. Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km. Ten unha conca de 2.764 km², a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.
Historia de la lamprea
Ya en la antigua Roma la lamprea era considerada un auténtico manjar, los romanos se las llevaban del Miño. Decía ya Plinio en el s.I:
Cayo Hirio prestó de su piscina, solamente para las cenas triunfales del César, seis mil lampreas, que no quiso vender ni cambiar por ninguna otra mercancía.
Es, sin embargo, en la Edad Media donde la Lamprea alcanza su mayor esplendor al ser permitido su consumo en épocas de vigilia debido a que era un pez, por mucho que su textura se pareciese más a la carne de un animal.
Historia del salmón
Los salmones y truchas del Atlántico y del Viejo Mundo (el género Salmo) son
peces marinos y de agua dulce de la familia de los salmónidos distribuidos por
los océanos y mares de casi todo el mundo excepto el Océano Pacífico, con
algunas especies que sólo viven en agua dulce en Europa y Asia.1 Su nombre
procede del latín salmo, que es como llamaban en la antigua Roma a estos
peces.2 En cuanto a la genética son parientes cercanos de los salmones y
truchas del Pacífico (el género Oncorhynchus), y tienen una anatomía similar,
aunque el análisis de ADN mitocondrial ha mostrado diferencias entre estos dos
géneros.
AUTORAS ORIANA SERQUEIRA E NEREA CATARINO
Illa de Cortegada
Ubícase no fondo da Ría de Arousa, casi no estuario do río Ulla, na parroquia de Santiago de Carril (VILAGARCíA DE AROUSA) separada da costa mais cercana polo canal de 189 metros de ancho que é un gran banco de area convertido dende fai séculos no viveiro de mariscos (especialmente berberechos e ameixas), chamado por iso Canal dos Viveiros.
Xeografía:
Ten unha superficie de 54 hectáreas de territorio casi chan (a súa maior elevación e de 22 metros de altura). Esta orografía propicia a formación de charcas e pequenas lagoas que en inverno alcanzan certa extensión. A súa única corrente de auga e un ínfimo regueiro que mana da fonte situada ao lado do antiguo mosteiro da illa. Moi interesante é a punta do Fradiño, xa que é o punto onde se xuntan correntes, formando un biotopo con multitude de especies de moluscos, crustáceos e peixes, existindo na mesma punta do pecio romano.

Autora: Miriam Moreiras, 1º A ESO
venres, 16 de xaneiro de 2015
O marisqueo como actividade esencial na comarca
MARISQUEO
O marisqueo é unha actividade de recolección de moluscos bivalvos que se atopan formando
bancos naturais en toda a beiramar. O marisqueo defínese legalmente como unha "modalidade
específica de pesca, consistente na actividade dirixida á captura de mariscos".
MARISQUO ARTESANAL
A forma máis sinxela e artesanal de mariscar, é a que se centra en capturar moluscos na costa
areosa, e faise a pé, sen utilizar embarcación. As especies principais que capturan os mariscadores
a pé son a ameixa fina, a ameixa babosa e o berberecho.
O outro método tradicional de marisqueo é desde unha embarcación
MARISQUEO EN GALICIA
O mar é a segunda fonte de ingresos da nosa costa, despois do turismo, aínda que a maior parte do
turismo ven polos nosos alimentos coma as centolas, os percebes, os rodaballos e o polbos.
A importancia pesqueira e marisqueira de Galicia é un feito incuestionable que se evidencia nos
máis de 80 núcleos de poboación nos que estas actividades constitúen unha base relevante das súas
economías, do seu emprego ou das súas tradicións.
Sen menoscabo deste último aspecto, a cultura mariñeira, é o aspecto socioeconómico das
primeiras fases de actividade destes subsectores, nos que a plataforma tenta ofrecer información de
interese e actualizada a través, entre outros, da dimensión da frota pesqueira e marisqueira
(Rexistro de buques pesqueiros de Galicia e permisos de marisqueo a pé), do grao de ocupación
que proporcionan (Ocupesca) e da comercialización en primeira venda nas lonxas e centros
autorizados dos produtos froito da súa actividade (Estatísticas). Pero non debemos esquecer que a
importancia destas actividades vai máis aló destas primeiras fases ao producir un efecto
multiplicador no tecido económico galego a través dun conxunto de empresas relacionadas directa
ou indirectamente coa comercialización, industria de transformación ou industrias auxiliares como
estaleiros, varadoiros, subministracións navais, transportistas, asesorías, seguros...
A pesca e o marisqueo nas súas diversas formas e modalidades (unhas cun marcado carácter
artesanal centrado na beiramar como a pesca de baixura e o marisqueo, e outras cunha orientación
máis industrial centrada en augas comunitarias ou de terceiros países como a pesca de altura ou de
grande altura), continúan sendo, unidos á industria de transformación e conservación, un dos
primeiros axentes da economía galega.

Traballo realizado por:
Tanya Barcala
Sabela Rocha
Moana Varela
Praias na ría de Arousa
Vilagarcía ten dúas praias urbanas con un paseo de tres kms no que camiñar pola beira da auga e disfrutar da paisaxe marítima. Estas praias chámanse a praia da Concha e a Compostela; o primeiro areal comeza en Santiago de Carril e o segundo chega ata o porto da vila.
Traballo realizado por Gabriel Portas Kovacs
venres, 9 de xaneiro de 2015
Notas da biodiversidade na ría
A Biodiversidade
Carril é famosa pola calidade das suas ameixas, Unha das actividades económicas máis destacadas é o marisqueo, especialmente de ameixas e berberechos. No mes de agosto celébrase a festa da ameixa do Carril.
Este ano, co desbordamento do río Ulla por causa das chuvias, na localidade de Carril, provocouse unha grandísima perda de berberecho e almexa(perdas de 12 millóns de euros segúndo un estudio da USC) o que podería chegar a facer que se extinguise o berberecho. As causas de que o berberecho e a almexa se estropeasen foron que os niveis de salinidade disminuiron drásticamente, causando unha gran mortalidade. Moita xente xa esperaba que esto ía a ocorrer co berberecho xa que está case estinguido na ría.
Carla Freire Doval
Nuria Varela Cascallar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)