venres, 9 de xaneiro de 2015

Notas da biodiversidade na ría

A Biodiversidade Carril é famosa pola calidade das suas ameixas, Unha das actividades económicas máis destacadas é o marisqueo, especialmente de ameixas e berberechos. No mes de agosto celébrase a festa da ameixa do Carril. Este ano, co desbordamento do río Ulla por causa das chuvias, na localidade de Carril, provocouse unha grandísima perda de berberecho e almexa(perdas de 12 millóns de euros segúndo un estudio da USC) o que podería chegar a facer que se extinguise o berberecho. As causas de que o berberecho e a almexa se estropeasen foron que os niveis de salinidade disminuiron drásticamente, causando unha gran mortalidade. Moita xente xa esperaba que esto ía a ocorrer co berberecho xa que está case estinguido na ría. Carla Freire Doval Nuria Varela Cascallar

luns, 15 de decembro de 2014

Biodiversidade do Carril: a ameixa

Biodiversidade do Carril: a ameixa by micaela

Petroglifos de Bamio

Petroglifos de Bamio by micaela

O Carril e a súa historia

O Carril e a súa historia by micaela

A Ría de Arousa. Biodiversidade



As augas de Carril, no concello de Vilagarcia, tínguense case todos os anos de microalgas que provocan a chamada marea vermella. Nalgunhas ocasións, de cor marrón isto acontece paralelamente á proliferación de fitoplacton portador de biotoxinas mariñas-e a esto se lle chama tamén``marea vermella´´,pero erróneamente. por esta causa, manteñense  pechados certos polígonos bateeiros, non so na Arousa, senón tamén en toda Galicia.
 As condiciones meteorológicas axudan ás veces a través de un mecanismo físico a que desapareza o fenómeno ou se atenue a cantidade de toxinas nas augas galegas.


Autora: Miriam Moreiras
1º A ESO

Toponimia do Salnés


A Toponimia do Salnés

 Velaí unha mostra da toponimia dalgúns lugares da nosa contorna:

Sanxenxo: de Sanctum Ginesium, que tamén da a forma galega San Xes, que en castelá é San Ginés.
Cambados: ven de “camb” que é un topónimo de orixe celta que significa curvas ou elevacións redondeadas.
O Grove: o topónimo “ove” ven de “bre” que se refire a un pobo fortificado en altura (un castro).
Vilanova de Arousa: Vilanova ven do substantivo “vila” e do adxectivo “nova” e Arousa ven do adxectivo areosa.
Isla de Arousa: Arousa ven do adxectivo areosa, referido a area.
Vilagarcía de Arousa: Vilagarcía recibe este nome porque alí se situaba a explotación agropecuaria de un home de apelido García, e Arousa ven do adxectivo areosa.
Ribadumia: Recibe ese nome debido ao río o atravesa, o Umia.

Wikipedia.es


Autor:
David García Ramallal 1º A ESO